Os congresos de persoas con cancro e familiares son espazos para compartir, aprender e vivir o día a día da enfermidade.
Están pensados por e para as persoas con cancro e as súas familias, para ofrecerlles todo o que necesitan:
Información veraz da man de profesionais de distintos ámbitos.
Testemuñais que poderán axudarlles porque están a pasar ou pasaron polo mesmo.
Durante estas xornadas, centraranse nos coidados en cancro e o autocuidado. Trataranse aspectos esenciais como a prevención, os novos avances no tratamento, e as necesidades específicas dos pacientes e os seus familiares en cada etapa.
Cales son os nosos obxectivos?
Enfocamos este congreso cara á humanización dos coidados, poñendo especial atención no papel fundamental do coidador, destacando a importancia do trato humano, empático e próximo en cada etapa do proceso.
Axudar a todos os pacientes de cancro na súa loita. Ofrecer ás persoas con cancro e os seus familiares un espazo de intercambio de experiencias e información.
Contribuír á normalización do cancro, evitando o estigma e promovendo un diálogo aberto e sincero sobre a enfermidade.
Converter estes eventos nunha experiencia de vida. Ser un espazo de cohesión e alianza xunto a outras asociacións e entidades que buscan o mesmo connosco: estar ao lado do paciente.
AXENDA
MAÑÁ
TARDE
MAÑÁ
09.00 – 09.30h
Acreditacións
10.00 – 10.30h
Presentación e benvida por parte das autoridades.
10.30 – 11.15h
Conferencia Maxistral
José Carlos Hernández Fernández. Doutor pola Universidade Pontificia Comillas, Máster en Recursos Humanos, Máster en intervención en duelo, Licenciado en Socioloxía e en Xornalismo e Diplomado en Traballo Social.
María Torres Cascudo. Subdirectora Provincial de Incapacidad Permanente e Control de Pensións na Dirección Provincial do INSS Lugo.
José Luis Piñón Calvo. Graduado Social na zona de A Mariña.
Jesús Santiago Ares Martínez: Xefe de Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios na provincia de Lugo.
Begoña Castro Torrego. Xestora sociolaboral da Asociación Española Contra o Cancro. Problemáticas laborais polo impacto do cancro. Actuación da Asociación.
13.15 – 14.15h
Mesa de pacientes. Humanización/A vida despois do diagnóstico (mocidade, metastásico, sobrevivientes)
Modera: Laura Ferreira Freire. Responsable de humanización de oncoloxía da Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Pacientes da Asociación Española Contra o Cancro
14.15 – 15.30h
Pausa comida
TARDE
15.30 – 17.15h
Obradoiros
1.- EXERCICIO FÍSICO. Coidámonos desde a actividade física, combater fatiga: Inés López Simón. Fisioterapeuta Exercicio Terapéutico Oncolóxico, Asociación A Coruña. Manuel Giráldez García. Médico Especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte.
2.- SEXUALIDADE E CANCRO: Arancha García da Silva. Psicóloga experta en Sexóloga e Educación Sexual.
3.- COIDANDO AO QUE COIDA: Marina Girón Casas. Enfermeira HADO Alvaro Cunqueiro, Vigo.
4.- NUTRICIÓN: Marina Maroto Martínez. Graduada en Nutrición Humana e Dietista.
17.15 – 17.45h
Mesa Efectos Secundarios tratamentos
Modera:Patricia Rodríguez Ferro. Enfermeira do Hospital de Día de Oncohematoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti.
Paula Cores Viqueira. Dormir ben. Xefa de Servizo psiquiatría Área Sanitaria Lugo, A Mariña, Monforte de Lemos.
Luz Cánovas Martínez. Manexo Dor oncolóxico: Neuropatías Xefa de Servizo Unidad de Dor CHOU.
Ana Sanz Cortés. Cando nos costa pensar “Chemobrain“. Doutora en Psicoloxía Universidade Complutense de Madrid, Máster en Neuropsicología Clínica e Máster en Psicooncología e Coidados Paliativos.
17.45 – 18.15h
Ponencia
Nicolás Martinez Adega. Campión do mundo de paracanoe · 10 km · Categoría absoluta · 2025 · 19 anos Con 7 anos detectáronlle un cancro moi agresivo no xeonllo e apartáronlle de todos os seus deportes. Durante cinco anos escoitou sempre a mesma resposta: “só natación e bicicleta”. En 2019 chegou o seu primeiro “si” e descubriu o piragüismo. Ao principio a súa motivación era simple: volver competir. En 2025, con 19 anos, logrou o seu primeiro ouro mundial no 10 km de paracanoe. O seu obxectivo é inspirar, sobre todo a nenos e mozos.”
18.15h
Clausura Congreso
María Soledad Soengas González. Estudou na Universidade da Coruña, onde descubriu que quería dedicarse á bioloxía molecular.
Trasladouse entón á Universidade Autónoma de Madrid, para doutorarse en 1996 con Margarita Salas como directora de tese. Enseguida trasladouse aos Estados Unidos.
Desde 2008 dirixe o Grupo de Melanoma do CNIO. Máis recentemente descubriu co seu grupo como o melanoma e outros tumores logran ocultarse e resistir á inmunoterapia.
Recibiu ademais numerosos galardóns.É igualmente recoñecida pola súa faceta como promotora de actividades para mellorar o desenvolvemento profesional das mulleres en ciencia.
Creación peza artística conmemorativa do Congreso
Judith Martín Velasco dirixe a actividade daquelas persoas que queiran participar.