8 e 9 de novembro de 2024

III Congreso Galego de persoas con cancro e familiares

Auditorio Municipal de Ourense

Declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. SA301A 2024/3-3

900 100 036

ourense@contraelcancer.es

Por que unirte ao congreso?

Os congresos de persoas con cancro e familiares son espazos para compartir, aprender e vivir o día a día da enfermidade.

Están pensados por e para os/as pacientes de cancro e as súas familias, para ofrecerlles todo o que necesitan:

  • Información veraz da man de profesionais de distintos ámbitos.
  • Testemuñais que poderán axudalos porque están a pasar ou pasaron polo mesmo

Durante estas xornadas, centraranse nos coidados en cancro e o autocoidado. Trataranse aspectos esenciais como a prevención, os novos avances no tratamento, e as necesidades específicas dos pacientes e os seus familiares en cada etapa.

Cales son os nosos obxectivos?

Enfocamos este congreso cara á humanización dos coidados, polo que poñeremos especial atención no papel fundamental do coidador, e destacaremos a importancia do trato humano, empático e próximo en cada etapa do proceso.

Axudar a todos os pacientes de cancro na súa loita. Ofrecerlles ás persoas con cancro e aos seus familiares un espazo de intercambio de experiencias e información.

Contribuír á normalización do cancro, evitar o estigma e promover un diálogo aberto e sincero sobre a enfermidade.

Converter estes eventos nunha experiencia de vida. Ser un espazo de cohesión e alianza xunto a outras asociacións e entidades que buscan o mesmo ca nós: estar á beira do paciente.

AXENDA

LOCALIZACIÓN

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2, 32004 Ourense.

Estación de tren Ourense

Estación de autobuses Ourense

Aparcadoiro gratuíto no propio auditorio

Non esquezas inscribirte!